OS PRODUTOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, GALIÑA DE MOS E CABRA GALEGA ESTIVERON NAS DEGUSTACIÓNS DE EXPOLUGO.

Lugo. 7 e 8 de outubro 2017
[OS PRODUTOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, GALIÑA DE MOS E CABRA GALEGA ESTIVERON NAS DEGUSTACIÓNS DE EXPOLUGO. - uploads/9/news/img-20171010-wa0010.jpg]

Con motivo da feira Expolugo tamén houbo unha serie de degustacións e presentacións de produtos das nosas razas autóctonas, durante os dous días que durou a feira. Estiveron presentes 15 marcas comerciais de produtores que comercializan baixo a marca 100x100 Raza Autóctona. 

Estiveron  produtores das nosas razas. A granxa Chousa do Lea de José Zapata, ofreceu empanada de Galiña de Mos e tamén peituga de galo de Mos en escabeche. a granxa Aves do Concello de Francisco Monasterio, ofreceu Capón de Vilalba da raza Galiña de Mos guisado e a granxa Aeiroá, de Sandra López, deu a degustar filloas recheas de Galo de Mos e Cachena con queixo de San Simón e tamén, Polo de raza Galiña de Mos estufado con dátiles, Ramón Vázquez ofreceu Cachena guisada, Cachenas de San Breixo ofreceu raviolis recheos de carne de Cachena, Granxa Teixeiro e Pistón con Cabrito de Cabra Galega e Ganado de Lemos puxo a súa cecina de Boi de raza Vianesa. Excelentes propostas

Foi unha ocasión ideal para que os produtores poderan dar a coñecer as súas marcas e os seus produtos. Noraboa a todos!