OS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN EN SILLEDA NO RESTAURANTE "TAPIRAZAS"

7-10 Xuño 2018. Silleda (Pontevedra)
uploads/9/news/menu_tapirazas_2018_luCWREu.png

Este xoves, comeza a Semana Verde, de Silleda, e tamén  na 22ª edición do SALIMAT (Salón de Alimentación del Atlántico). Alí estaremos co restaurante TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. 

ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mose Porco Celtaque se acompañarán de pan e bebida. O menú degustación con produtos de autóctonas consta de dezaseis tapas distintas, distribuídas en 4 tapas distintas para cada día da feira.

TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo a partires das 13:00 h no pavillón 1, cun menú degustación.

No seguinte enlace pódese descargar o MENÚ TAPIRAZAS 2018.

Non perdades a oportunidade de degustar estas exquisiteces!. Do 7 ao 10 de xuño no recinto feiral de Silleda (Pontevedra)


|
| © Boaga 2018