OS PRODUTOS DAS NOSAS AUTÓCTONAS VOLTARÁN UN ANO MAIS AO FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA

12 – 15 xullo 2018. Ortigueira (A Coruña)
[OS PRODUTOS DAS NOSAS AUTÓCTONAS VOLTARÁN UN ANO MAIS AO FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA - uploads/9/news/19961183_1018740588255860_8952757789999201952_n.jpg]

Dende o xoves 12  ata o domingo 15 de xullo, celébrase a 40 edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, e entre concerto e concerto poderanse degustar deliciosas hamburguesas  100% Raza Autóctona Cachena, na food truck Autga, cociñeiro Antonio Díaz. A carne procede de Gandeiría Tras do Río. Ambos son operadores autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona Cachena. Non o perdades!