¿ONDE IMOS A COMER CARNE DE CACHENA?

uploads/9/news/linares-na-feira.jpg

Pois este próximo domingo e luns 2 e 3 de abril, podémonos achegar ata Bembibre (VAL DO DUBRA) onde se celebra -un ano máis- a FEIRA DE ABRIL. e Poderemos comer a carne de cachena que se servirá nunha das pulperías instaladas.

O produto servido procede da gandería “ Finca A Ferreira”, situada en Paramos, no propio concello de Val do Dubra. Que leva dedicada a cría desta raza dende hai máis de unha década e na actualidade está acollida ao LOGOTIPO 100% raza autóctona CACHENA.

Os que desexen seguir desfrutando desta carne o resto do ano poden poñerse en contacto co propio criador a través do teléfono: 699 444 424 ou cachena@valdodubra.com


|
| © Boaga 2017