O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

[O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA - uploads/9/news/portada_autoctonas_3.jpg]

29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España do ano pasado.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.