NOVO PUNTO DE VENDA DO LIBRO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS”

uploads/9/news/portada_autoctonas.jpg

O receitario Cociñando coas razas autóctonas, gañador dun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012 cos que se distingue a produción editorial gastronómica, xa se pode mercar desde esta semana na Libraría Pedreira de Santiago de Compostela, situada no número 55 da rúa Home Santo.

Cociñando coas razas autóctonas é unha publicación da autoría de Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1977) editada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Trátase do primeiro libro de cociña que inclúe receitas feitas con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.


|
| © Boaga 2018