NOVO ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS

Salimat 2016. Silleda (9-12 de xuño de 2016)
uploads/9/news/dsc_0324.jpg

O restaurante Tapirazas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, na feira Semana Verde, contou durante catro días cos produtos das nosas 8 razas autóctonas. O interés foi espectacular xa que o menú se esgotou os catro días da feira.

As preparacións foron feitas polo cociñeiro do restaurante Andarubel Fragas do Eume, Antonio Díaz, que elaborou un menú degustación composto por catro platos diarios. Houbo propostas tan suxerentes coma entrecosto de boi de raza Vianesa, Cabrito de raza Cabra Galega asado ao forno, Pularda de raza Mos estufada,Posta de Croca de tenreira de raza Cachena á grella ou ovos rotos de raza Galiña de Mos, con patacas e labras de chacina entre outros.


|
| © Boaga 2017