NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA PALETILLA E DA PERNA DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA

16 maio-8 xuño 2014. Restaurante Río Lea (Castro de Rei-Lugo)
uploads/9/news/xornadas-ovella-galega-mayo-junio-2014-rio-lea.png

Dende o 16 de maio ata o 8 de xuño, celebraranse unhas novas XORNADAS GASTRONÓMICAS DA PALETILLA E DA PERNA DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA no restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea-Castro de Rei, Lugo). O menú consistirá en albóndigas de cordeiro con puré de patacas da Chaira de primeiro plato e perna e paletilla de segundo. Sobremesa de tiramisú e viño da D.O. Ribeira Sacra “Valcar”.

As xornadas están organizadas pola gandería de produción ecolóxicaSAT Torre, de Arcos (Outeiro de Rei) de onde provén a carne. Colabora a Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega-ASOVEGA.

Os teléfonos de contacto do restaurante Río Lea son 982310657 e 982310658


|
| © Boaga 2019