NA FEIRA DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES PARTICIPARON OITO CRIADORES DA RAZA GALIÑA DE MOS

22 decembro 2015- Vila de Cruces
uploads/9/news/img_20151222_105328.jpg

Na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, celebrada o pasado 22 de decembro, participaron oito criadores de Galiña de Mos, que venderon varios dos exemplares no mercado que houbo.

Tamén se celebrou unha degustación na que participaron preto de vinte restaurantes da comarca, que prepararon o galo de diversas maneiras.
Nunha carpa paralela houbo unha exposición de razas de aves, existindo maioría de Galiña de Mos.
A xornada foi moi animada.

Máis información en AVIMÓS


|
| © Boaga 2017