A LIMIÁ NO MERCADO DE NADAL: “POP-UP SABORES DE NADAL”

Ourense (21 ao 24 de decembro de 2016)
[A LIMIÁ NO MERCADO DE NADAL: “POP-UP SABORES DE NADAL” - uploads/9/news/15094964_869572843172636_3348582342181442316_n_mBNuoKR.jpg]

Este mércores 21 de decembro, comeza o mercado gastronómico "Sabores de Nadal" na Alameda da cidade de Ourense, na que participará un criador da raza "Ganadería Balín"no concello de Verea, cun stand de exposición e venda de produtos de raza Limiá da súa explotación. O mercado estará aberto ao público ata o 24 de decembro. Ademais o venres 23, Antonio (propietario de Ganadeía Balín" dará unha charla divulgativa da súa explotación, titulada "Tirarse ó monte: A recuperación de razas autóctonas de Galicia", onde falará dos seus comezos, as perspectivas de futuro con esta raza autóctona, e as posibilidades de diversificación de negocio con este tipo de producións. A compañará a charla coa presencia dun chef ourensano que cociñará minihamburguesas artesanas de raza Limiá.