MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS

[MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS - uploads/9/news/logo-tapirazas-2.png]

BOAGA presenta por terceiro ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas ubicado como en pasadas edicións no interior do pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda.

Donde o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (de restaurante ANDARUBEL-FRAGAS DO EUME), elaborará  tapas cos produtos das  autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas, están representadas as bodegas Fernández Rodriguez S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra), e ANCORA BROS BREWERY S.C coa súa marca “Cervexa Áncora”.

O MENÚ DEGUSTACIÓN  con produtos de autóctonas consta de 17 tapas distintas, distribuídas en 5 tapas o xoves e 4 tapas o resto dos días da feira, acompañadas de pan e bebida.

TapiRazas estará en funcionamento para todos vostedes de xoves a domingo a partir das 13:00 h.