I XORNADAS TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN E APROVEITAMENTO SOSTIBLE DOS MONTES DO IRIXO

A Ponte (O Irixo) 4-5 marzo de 2016
uploads/9/news/xornadas-de-dinamizacion-dos-montes-do-irixo-jpg.jpg

A Asociación Cultural Arracada, do concello ourensán do Irixo, organiza este venres, 4 de marzo e o sábado día 5, a primeira edición das Xornadas de Dinamización e Aproveitamento Sostible Dos montes Do Irixo.

Nestas xornadas participarán entre outros, O Secretario Xeral da Federación de Razas Autóctonas Españolas- FEDERAPES, José Ramón Justo, coa charla “Gandería de Razas autóctonas, montes en man común e coeficientes de aproveitamento de pastos CAP”.

José Núñez, criador de CAPRIGA- Asociación de Gandeiros de Cabra Galega, falará da súa explotación extensiva de raza Cabra Galega, de “Gandería Carballosa” en Pedrafita do Cebreiro.

O obxectivo das xornadas, é informar e asesorar ás Comunidades de Montes, propietarios/as forestais e veciños/as, da capacidade produtiva do sector forestal de cara a creación de emprego e a diversificación da actividade económica do medio rural.

As xornadas, que son de portas abertas, celebraranse  no centro multiusos en A Ponte (no Irixo).

Para descargar o programa completo pinche en PROGRAMA XORNADAS TÉCNICAS IRIXO


|
| © Boaga 2018