I CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA VIANESA

uploads/9/news/20130613_150826.jpg

O pasado día 13 de xuño tiña lugar no recinto feiral de Silleda o primeiro certame morfolóxico que se celebraba de exemplares de raza Vianesa.  En primeiro lugar quedaba a vaca de nome Perla, da explotación de Gandería Cimadevila, do concello de Montederramo.  Acadaba a 2ª posición,  Tina unha femia de 6 anos de Seteventos, O Saviñao,  propiedade de Ganado de Lemos. E en terceiro lugar a vaca de 13 anos de nome Vagoada, da explotación de Fernando Bouzas en Rois (A Coruña). 

A par que se celebraba o concurso houbo unha importante presencia de exemplares da raza, destacando os sementais de duas das explotacións participantes, VITOLO un macho de 5 anos  e VILANE o semental de 10 anos da explotación de A Coruña.


|
| © Boaga 2017