GRAN ACOLLIDA DA CARNE E DOS PRODUTOS DERIVADOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS,NO XVII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO- SALIMAT 2013

uploads/9/news/img_5686.jpg

No XVII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, dentro da 36ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebrou do 13 ao 16 de xuño de 2013, once criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas en BOAGA, presentaron en stands preparados para exposición e venda , a carne e os produtos derivados destas razas. Ao remate da feira o balance foi positivo, tanto polos contactos comerciais e oportunidades de negocio feitos, coma pola promoción que se fixo das razas e das súas posibilidades de cara ao consumidor final.

Os criadores con exposición e venda dos produtos de raza Cachena foron os seguintes: Miguel Angel Pernas (Ganadería tras do Río), Mª Olivia Dominguez (Cachenas de Olelas) e Jordi Anguez (Cachenas de San Breixo). Da raza Caldelá, Juan Manuel Lage (Gandeiría Juan M. Lage). Das razas Limiá e Ovella Galega, Lisardo López Blanco. Da raza Vianesa, Fernando Bouzas (Ganadería Bouzas).Os criadores con exposición dos produtos da raza Galiña de Mos foron: Francisco Monasterio (Aves do Concello), Mª José Castro e Nicolás Castro (Castro de Madrosende), Marcos Pichel (Souto de Herville), José Zapata (Chousa do Lea) e David Sueiro (Vicogalo ).


 


|
| © Boaga 2018