GALO DE MOS EN TAPA

4 novembro 2018. Lugo
[GALO DE MOS EN TAPA - uploads/9/news/galo_mos_lagar.jpg]

O domingo 4 de novembro, o Galo de Mos foi protagonista no barrio da Milagrosa, en Lugo. “Lagar Cervecería”, fixo unha tapa elaborada con galo da raza acompañado de vermut especial da casa. Os produtos procederon da granxa artesanal “Chousa do Lea”. Unha maneira diferente de promocionar o produto.