EXPODEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS EN SAN XIAO DE MOS

28 de outubro 2018. San Xiao de Mos (Castro de Rei - Lugo)
[EXPODEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS EN SAN XIAO DE MOS - uploads/9/news/expodegustacion-galina-de-mos.jpg]

Este domingo 28 de outubro, celébrase unha nova edición da "Expodegustación da Raza Galiña de Mos", en San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei. Ás 10:30h comezará o "VII Exposición-Concurso Comarcal da raza Galiña de Mos", e posteriormente ás 13:00 horas, farase a xa tradicional degustación con produtos da raza. Ademáis tamén haberá exposicións de artesanía e maquinaria agrícola, así como  xogos populares para os mais pequenos. Non o perdades!