ESTE FIN DE SEMANA ESTAREMOS EN NARÓN COA OVELLA GALEGA E A GALIÑA DE MOS.

Sedes(Narón). 9-10 abril 2016
uploads/9/news/vii-feria-de-naron-9-10-abril.jpg

Este fin de semana a Galiña de Mos e a Ovella Galega estarán na VII Feira Multisectorial agrícola que se celebra na parroquia de Sedes, no concello de Narón. Asistirá o criador Xosé María García Villaverde, da granxa Quinta da Vacaloura, cun posto onde se exporá información das nosas razas e da súa granxa.

Para todo aquel que queira asistir, a feira estará aberta o sábado e o domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00 h. 


|
| © Boaga 2017