ESTE DOMINGO CELÉBRASE A FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA

20 de Diciembre 2015. Vilalba (Lugo)
uploads/9/news/cartelweb_1.png

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este domingo día 20 de decembro,  celébrase a Feira do Capón de Vilalba con apertura ao público ás 10 da mañá, pero OLLO, soamente dous produtores presentarán capóns feitos a partir da raza Galiña de Mos. Serán Francisco Monasterio e David Cristóbal con 51 exemplares.

Débese buscar o etiquetado específico da raza Galiña de Mos entre todos os exemplares.

Os capóns obtidos a partir da raza Mos, levan un precinto de cor azul na pata.

Son as únicas aves con garantía de raza que se presentan, o resto son capóns feitos a partir de polos de estirpes industriais.

Máis información en AVIMÓS


|
| © Boaga 2017