ESTA FIN DE SEMANA VEN AO EXPOLUGO

sábado 7-domingo 8 de outubro. 2017 (LUGO)
[ESTA FIN DE SEMANA VEN AO EXPOLUGO - uploads/9/news/20171004_113455.jpg]

Os días 7 e 8 de outubro celébrase a feira Expolugo. No Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, ao carón da estrada Nacional VI, celébrase unha feira que contará cunha importante exposición de gando. No caso da Galiña de Mos, celebrarase o V Concurso Monográfico Provincial da Galiña de Mos. O sábado 7 a media mañá, haberá polas rúas do centro da cidade un desfile con razas autóctonas galegas.

Ademaís haberá venda de exemplares vivos e tamén degustacións proporcionadas por marcas comerciais das nosas razas autóctonas, as granxas Aeiroá, Chousa do Lea e Aves do Concello, con Galiña de Mos,Cachenas de San Breixo e Ramón Vázquez con raza Cachena, Ganado de Lemos (raza Vianesa), Granxa Teixeiro e Pistón (raza Cabra Galega) para dar a coñecer estes produtos.

Esta feira ten o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e foi presentada o mércores 4 de outubro nos xardíns da Deputación Provincial de Lugo.

O programa das degustacións é o seguinte:

SÁBADO 7 DE OUTUBRO
Hora
14.00 Chourizo e salchichón de Porco Celta de SOC. COOP. GALEGA TRES FUCIÑOS
14.15 Empanadas varias de Porco Celta de VERDE CÚBICO
14.30 Polo estufado de raza Galiña de Mos de GRANXA AEIROÁ
14.45 Carne de Cachena guisada de RAMÓN VÁZQUEZ
15.00 Chuletillas de cordeiro de PASTORES DE GALICIA
15.15 Queixo fresco de cabra de SOC. COOP. CAPRINA GALEGA
15.30 Queixo curado de cabra de COMO CABRAS

19.15 Cecina de Boi de raza Vianesa de GANADO DE LEMOS
19.30 Empanada de Galiña de Mos de CHOUSA DO LEA
19.45 Liscos ao espeto de Porco Celta de CMVMC DE CARBALLO
20.00 Chouriciños de Porco Celta ao viño de EMBUTIDOS LAGO
20.15 Cabrito de raza Cabra Galega de GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN
20.30 Paletilla de Cachena de SAN BREIXO asada ao forno
20.45 Capón de Vilalba guisado de raza Galiña de Mos de AVES DO CONCELLO
 
DOMINGO 8 DE OUTUBRO
Hora
13.30 Cecina de Boi de raza Vianesa de GANADO DE LEMOS
13.45 Escabechada de peituga de Galo Mos de CHOUSA DO LEA
14.00 Liscos ao espeto de Porco Celta de CMVMC DE CARBALLO
14.15 Chouriciños de Porco Celta ao viño de EMBUTIDOS LAGO
14.30 Cabrito de raza Cabra Galega de GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN
14.45 Paletilla de Cachena de SAN BREIXO asada ao forno
15.00 Capón de Vilalba guisado de raza Galiña de Mos de AVES DO CONCELLO
 
 
18.30 Queixo fresco de cabra de SOC. COOP. CAPRINA GALEGA
18.45 Queixo curado de cabra de COMO CABRAS
 
19.15 Chourizo e salchichón de Porco Celta de SOC. COOP. GALEGA TRES FUCIÑOS
19.30 Empanadas varias de Porco Celta de VERDE CÚBICO
19.45 Filloas recheas de Cachena e Galo Mos con queixo de San Simón de GRANXA AEIROÁ
20.00 Carne de Cachena guisada de RAMÓN VÁZQUEZ
20.15 Chuletillas de cordeiro de PASTORES DE GALICIA