ESTA FIN DE SEMANA HABERÁ UNHA MOSTRA DE RAZAS AUTÓCTONAS NAS PONTES.

10 e 11 de febreiro de 2018. As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
uploads/9/news/xaneiro-2018_feira-do-grelo.jpg

Este sábado e domingo con motivo da celebración da XXXVIII Feira do Grelo no concello das Pontes de García Rodríguez, celebrarase unha mostra de razas autóctonas organizada por Boaga, na que participarán as razas Galiña de Mos, Ovella Galega, Cabra Galega, Porco Celta e Can de Palleiro. Alí estaremos ofrecendo información aos asistentes de tódalas nosas razas autóctonas en perigo de extinción, e onde se poderán observar fermosos exemplares de razas autóctonas de explotacións de criadores da zona. Non a perdades!.

Para máis información pinchar no seguinte enlace: Feira do Grelo Concello As Pontes


|
| © Boaga 2018