EN ETIQUETA NEGRA ESTIVERON AS RAZAS LIMIÁ, CACHENA E GALIÑA DE MOS

10-12 de novembro 2018. Pontevedra
uploads/9/news/portada-etiqueta-negra.png

Os días 10, 11 e 12 de novembro celébrouse na cidade de Pontevedra a feira Etiqueta Negra, unha feira gastronómica de tipo gourmet na que participaron tres ganderías das razas Limiá, Cachena e Galiña de Mos. Representando á raza Limiá Antonio Pérez “Tonecho” coa súa marca “Ganadería Balín”,” pola raza Cachena a gandería “Cachenas de San Breixo” de Jordi Anguez, e pola Galiña de Mos foi a criadora Sandra López coa marca “Aeiroá”

Tamén houbo numerosas degustacións e showcooking entre os que participou o restaurante “Chanfainas” (operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona Limiá), presentado polo seu cociñeiro Oliver, quen se encargou de presentar pratos elaborados con produtos da raza Limiá procedentes de “Ganadería Balín”. tartar de corazón, callos  e empanada de falda de vaca de raza LImiá fixeron as delicias do público asistente.

 


|
| © Boaga 2019