DOUS CRIADORES DA RAZA GALIÑA DE MOS PRESENTARON CAPÓNS NA FEIRA DE VILALBA.

Vilalba (Lugo). 18 de decembro de 2016
uploads/9/news/img_2613.jpg

A feira do Capón de Vilalba celebrada o domingo 18 de decembro de 2016, contou coa presenza de dous criadores da raza Galiña de Mos, Francisco Monasterio e David Cristóbal, que presentaron capóns autóctonos. Desde tempos históricos ata os anos setenta do pasado século, os capóns de Vilalba se facían a partir da raza Galiña de Mos, pero na actualidade a maioría se fan de estirpes industriais. Actualmente varios criadores de Avimós volven a apostar polos capóns de antes, os da raza Galiña de Mos.


|
| © Boaga 2017