DEGUSTACIÓN DE TENREIRA RAZA CACHENA NAS FEIRAS DE ABRIL 2018 DO VAL DO DUBRA
1-2 de abril de 2018. Val do Dubra (A Coruña)
O 1 e 2 de abril de 2018, celebraranse unhas novas xornadas de degustación de Tenreira Raza Cachena 100% Raza Autóctona. A Carne procede da explotación de José Antonio Liñares, da Finca Ferreira, en Val do Dubra, que tamén é operador autorizado para o logotipo 100x100 Raza Autóctona Cachena. Animais criados en liberdade, e a carne cociñada por Luís, da Pulpeira Luís Guerra. Un produto autóctono único e diferente.
Non o perdades!