Degustación de razas autóctonas na Semana Verde a prezos populares.

uploads/9/news/tapirazas.png

A FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA EN COLABORACIÓN COA ESCOLA DE HOSTELERÍA IES VILAMARÍN PRESENTAN NO XVII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT, UNHA TAPERÍA CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.

Neste ano 2013 e dentro das actividades a celebrar do 13 ao 16 de xuño no XVII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da 36ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA presenta TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Esta actividade ten por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade.

Xunto con BOAGA e as asociacións de criadores de cada unha das razas pertencentes á Federación, participarán e colaborarán a Escola de hostalería IES Vilamarín, a Asociación de Criadores de Porco Celta, e as bodegas Fernández Rodriguez, S.C. - ADEGA DA CAPELA e ADEGA CACHÍN S.C., cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra).

A Escola de Hostalería de Vilamarín, elaborará as tapas cos produtos das razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Porco Celta, que se acompañarán de pan e bebida.

O menú degustación con produtos de autóctonas consta de catro tapas: vacún, cordeiro, galo e porco, bebida e pan. TapiRazas estará en funcionamento de xoves a domingo de 12 a 16 horas e o sábado todo o día no pavillón 1, cun menú degustación a prezos populares, o menú custará 5 euros.

Menú TapiRazas-Salimat 2013

Galo de raza Mos en dúas coccións con filloa de guiso das súas aliñas e torto de millo.

Cordeiro de raza Ovella Galega confitado ao tomiño, con fabas guisadas, setas de cardo e xamón.

Tenreira* glaseada no seu xugo, mel e café con pastel de pataca, touciño entrefebrado e castaña.

Costela de Porco Celta con adobo tradicional e chourizo ao viño de Ribeira Sacra

*Para o prato de tenreira emprégase carne das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa


|
| © Boaga 2017