CONVOCADAS AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLA VAGA DE LUMES 2017

OUTUBRO 2017
uploads/9/news/portada_axudas_incendios_2017.png

Acábase de publicar a ORDE conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 . DOG 206, do luns 30 de outubro de 2017

Descarga da ORDE MEDIDAS PARA PALIAR DANOS POR INCENDIOS

art. 21 recolle varias liñas axudas destinadas a reparación dos danos nas explotacións agrícolas e gandeiras, é a seguinte:

MR616A - Axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais. 

·      PARA ENTRAR NO CÓDIGO DE PROCEDEMENTO, DESCARGA DE DOCUMENTOS E TEF DE ASESORAMENTO PINCHE NO SEGUINTE ENLACE: MR616A

Entre as liñas de axuda deste procedemento atópanse a de "infraestructuras de titularidade privada", "reparacións de bens, maquinaria agrícola, equipamentos… das ganderías" , "para perdas de produción nos cultivos de explotacións agrícolas ou ganderias.", "por morte de gando ou colmeas", "para adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo", entre outras

AS SOLICITUDES faranse preferentemente vía telemática  (obrigatoria a presentación telemática para personas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, e os representantes das anteriores)

PRAZO DE SOLICITUDES - ATA O 30 DE NOVEMBRO

 


|
| © Boaga 2017