CONVOCADAS AXUDAS PARA CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS 2018. (PROCEDEMENTO MR405B)

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 16/04/2018.
uploads/9/news/axudas-para-apoio-investimentos-investigacions-agrarias_2K8hyTq.png

Obxecto

O procedemento de axudas para investimentos nas explotacións agrarias é o MR405B, e ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2018 a liña de axuda en réxime de concorrencia competitiva:

Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B). PROCEDEMENTO MR405B

Normativa: lexislación aplicable

Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 54 do 16 de marzo de 2018).

Os enlaces á orde son os seguintes

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0004_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0005_gl.html

A quen vai dirixido?

Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Requisitos

Existen uns requisitos específicos e xerais  para acceder a estas axudas de plans de mellora para agricultores, que poden descargarse no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

A onde acudir

Ás xefaturas territoriais das provincias de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra da Consellería do Medio Rural: Servizo de explotacións agrarias e tamén á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias: Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias: Servizo de Explotacións e asociacionismo Agrario. As direccións están no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

Tamén pode acudir ás oficinas comarcais onde están a prestar asesoramento.

A documentación a presentar indícase no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación:

  • a) Acreditación do representante (se é o caso).
  • b) Anexo VIII (se é o caso).
  • c) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación.
  • d) Copia dos documentos acreditativos da constitución da entidade (acta de constitución e estatutos) e, de ser o caso, das súas modificacións, debidamente inscritos no rexistro correspondente (se é o caso).
  • e) Plan empresarial, onde se xustificará a viabilidade económica da explotación, de acordo co establecido no anexo V.
  • f) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades.

Prazo de presentación de solicitudes e anexos a cumplimentar: o prazo é dende o 17/03/2018 ata o 16/04/2018.

A documentación a presentar e anexos asociados indícase no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B

NOTA: ENTRE OS CRITERIOS DE PRIORIDADE E PUNTUACIÓNS PARA ESTA LIÑA DE AXUDAS, QUE SE RECOLLEN NO art 42 DA ORDE PUBLICADA, ESTÁN:

  • O DE INVESTIMENTOS NUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN QUE SUPOÑAN ALO MENOS A METADE DO CENSO DE REPRODUTORAS DA EXPLOTACIÓN INSCRITAS NO LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA. (4 puntos)
  • A ORIENTACIÓN PRODUTIVA PRINCIPAL DA EXPLOTACIÓN AVÍCOLA ARTESANAL E VACÚN DE CARNE OU OVINO/CABRÚN entre outras(5 puntos)

MÁIS INFORMACIÓN EN PROCEDEMENTO MR405B


|
| © Boaga 2018