CONVOCADAS AXUDAS PARA INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS. ANO 2018 (PLANS DE MELLORA NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS) (PROCEDEMENTO MR405A)

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: ata o 16/04/2018.
uploads/9/news/axudas-para-apoio-investimentos-investigacions-agrarias_t2GaejX.png

Obxecto

O procedemento de axudas para investimentos nas explotacións agrarias é o MR405A, e ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva: a Medida 4. Investimentos en activos físicos.– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A). PROCEDEMENTO MR405A

Normativa: lexislación aplicable

Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 54 do 16 de marzo de 2018).

Os enlaces á orde son os seguintes

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0004_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180316/AnuncioG0426-020318-0005_gl.html

 

A quen vai dirixido?

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.

Requisitos

Existen uns requisitos específicos e xerais  para acceder a estas axudas de plans de mellora para agricultores, que poden descargarse no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405A

A onde acudir

Ás xefaturas territoriais das provincias de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra da Consellería do Medio Rural: Servizo de explotacións agrarias e tamén á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias: Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias: Servizo de Explotacións e asociacionismo Agrario. As direccións están no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405A

Tamén pode acudir ás oficinas comarcais onde están a prestar asesoramento.

Prazo de presentación de solicitudes e anexos a cumplimentar: o prazo é dende o 17/03/2018 ata o 16/04/2018.

A documentación a presentar indícase no seguinte enlace:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405A 

 

NOTA: ENTRE OS CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA ESTA LIÑA DE AXUDAS, QUE SE RECOLLEN NO art 36 DA ORDE PUBLICADA, ESTÁ O DE:

  • INVESTIMENTOS NUNHA EXPLOTACIÓN GANDEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN QUE SUPOÑAN ALO MENOS A METADE DO CENSO DE REPRODUTORAS DA EXPLOTACIÓN INSCRITAS NO LIBRO XENEALÓXICO DA RAZA. (2 PUNTOS)

MÁIS INFORMACIÓN ENÓPANSE  PROCEDEMENTO MR405A

 


|
| © Boaga 2018