CONVOCADAS AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DE ATAQUES DE FAUNA SILVESTRE 2017

[CONVOCADAS AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DE ATAQUES DE FAUNA SILVESTRE 2017 - uploads/9/news/axudas-ataque-lobo.png]

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o cal se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.

Os beneficiarios das axudas poderán ser os seguintes:

1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo, poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, das especies de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal e mular.

2. Para a prevención de danos ocasionados sobre producións agrícolas polo xabaril, poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

O prazo da convocatoria de axudas remata o 18 de setembro 2017

máis información en AXUDAS PREVENCIÓN ATAQUE FAUNA SILVESTRE