ABANCA e BOAGA unen esforzos cun convenio para impulsar a viabilidade das razas autóctonas de Galicia

Marzo 2017. Ourense
[ABANCA e  BOAGA unen esforzos cun convenio para impulsar a viabilidade das razas autóctonas de Galicia - uploads/9/news/convenio-fiancieiro.png]

ABANCA e a Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do primario galego.

O director de Boaga, José Ramón Justo, e o director de zona de ABANCA en Ourense-Oeste, Enrique Romero, rubricaron o 2 de marzo de 2017 en Ourense, un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira coas explotacións gandeiras de Galicia.

§  O banco e a federación asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade das pequenas explotacións

§  Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agro-gandeiro.

Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Para todos os socios das asociacións integradas en Boaga, que estean interesados poden descargar o documento a través do seguinte enlace CONVENIO FINANCIEIRO DE COLABORACIÓN BOAGA-ABANCA. Ademais os socios que estean interesados en adquirir algún produto ofertado no convenio, deberán solicitarnos o certificado de pertenza á asociación correspondente, chamando ao 988205486, e posteriormente achegarse á súa oficina de Abanca.

Tamén hay un enlace permanente, que está á dereita no menú principal da web de BOAGA. CONVENIO FINANCIEIRO DE COLABORACIÓN BOAGA A BANCA