CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES.

Decembro 2015-Ourense
[CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES. - uploads/9/news/img_3513.jpg]

O día 10 de decembro celebráronse en Ourense as X xornadas de razas autóctonas españolas na que se abordaron distintos temas sobre a situación das razas autóctonas en perigo de extinción, e onde participaron en mesa redonda distintos criadores de razas autóctonas, entre eles os das nosas razas autóctonas galegas, Lisardo López (criador das razas Limiá e Ovella Galega- coa marca comercial “Gacarli S.L.”), Jordi Anguez (criador das razas Cachena e Galiña de Mos- coa marca comercial “Cachenas de San Breixo”) , Juan Manuel Lage (criador das razas Caldelá e Cabra Galega- coa marca “Juan M. Lage”), e José Manuel Illán (criador da raza Vianesa- coa marca comercial “Ganado de Lemos”), das experiencias prácticas no mundo da venda dos produtos de raza autóctona a través do logotipo ou dunha marca, e directamente ao consumidor ou á restauración, de como e de por que comenzaron no mundo da cría de razas autóctonas dende o pasado ata o futuro. Na mesa redonda tamén participou o restaurador Antonio Díaz, propietario do restaurante Andarubel de Pontedeume, que falou da súa experiencia no negocio da compra e do cociñado dos productos das razas autóctonas. A mesa redonda suscitou gran interese por parte dos asistentes ás xornadas, que plantexaron diversas cuestións sobre a comercialización e venda dos produtos de razas autóctonas.