BOAGA RECIBIU O PREMIO NA CATEGORÍA “RECUPERACIÓN DE PRODUTO”, NA 25 GALA DOS PREMIOS DE HOSTELERÍA GALEGA GASTRONOMÍA E TURISMO.

25 setembro 2019. Santiago de Compostela
[BOAGA RECIBIU O PREMIO NA CATEGORÍA “RECUPERACIÓN DE PRODUTO”, NA 25 GALA DOS PREMIOS DE HOSTELERÍA GALEGA GASTRONOMÍA E TURISMO. - uploads/9/news/img-20190925-wa0003.jpg]

O 25 de setembro asistimos aos PREMIOS HGg&T na 25ª gala do turismo e a gastronomía de Galicia, onde a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, foi premiada na categoría de “Recuperación de Produto” cun dos premios ás iniciativas turísticas nos últimos 25 anos. Agradecidos ao xurado de @ HGg&T polo premio e o recoñecemento.

Este premio vai adicado especialmente a tódolos criadores de razas autóctonas, ás asociacións de gandeiros das razas autóctonas e a todos aqueles que dalgunha ou outra forma traballan na recuperación e promoción das razas autóctonas e dos seus produtos. Moitas Grazas!!