BESTIARIUM RURAL,"RETRATO DE LAS RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS" CHEGA A LUGO

28 setembro- 25 outubro 2017. Lugo
uploads/9/news/bestiarium-lugo.jpg

BESTIARIUM chega a Lugo!. Mañá día 28 de setembro inaugúrase na Sala San Marcos da Deputación de Lugo, a Exposición BESTIARIUM Biodiversidade Rural. A exposición de Lugo está organizada polo seu autor José Barea a Federación de Razas Autóctonas Españolas (FEDERAPES) e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA e colaboran Deputación de Lugo e o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente (MAPAMA).

Estas exposicións que se están organizar por toda a xeografía española, teñen por obxectivo dar a coñecer as razas autóctonas españolas domésticas e de uso eminentemente gandeiro e a súa importancia no mantemento do noso patrimonio rural.

A exposición comeza mañá, 28 de setembro e prolongarase ata o 25 de outubro de 2017. Tedes máis información pinchando nos seguintes enlaces:DIPTICO BESTIARIUM RURALe nas páxinas web de FEDERAPES e BESTIARIUM RURAL

BESTIARIUM

RETRATO DAS RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS

Fotografías deJosé Barea

 

Lugar e data:

Sala de exposicións do Pazo de San Marcos (Deputación de Lugo)

Rúa San Marcos 8. Lugo

Do 28 de setembro ao 25 de outubro de 2017

 

Horarios:

De luns a venres: de 11:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h

Sábados:  de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h

Domingos: de 11:00 a 14:00 h

 

A exposición é de libre acceso. Non a perdades!


|
| © Boaga 2017