AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS

12 outubro 2018. O Bolo (Ourense)
[AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS - uploads/9/news/granxa-escola-a-capilla.png]

Este venres, 12 de outubro, preséntase a nova Granxa Escola “A CAPILLA”, na parroquia de Lentellais en O Bolo (Ourense).

Esta granxa escola que se inaugura mañá, é propiedade de María Elisa Camino Leiro, criadora das razas Ovella Galega e Galiña de Mos, e nela terán animais das dúas razas, que faran as delicias de nenos e maiores que a visiten. Tamén terán produtos derivados das dúas razas que poderán comercializar, pois esta criadora tamén é operadora autorizada para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona tanto de Ovella Galega como de Galiña de Mos.

Estaremos presentes na inauguración, que será a partir das 17:00 horas en Lentellais, no que terán ademais animación musical e xogos para os máis pequenos.

Máis información no seguinte enlace: INAUGURACIÓN GRANXA-ESCOLA A CAPILLA e no teléfono:605 903 422

Granxa Escola “A Capilla”. Carretera de Lentellais-O Bolo. Km 0,6. (Ourense)

Noraboa por esta iniciativa!