AS RAZAS GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA MOI PRESENTES EN FITUR 2017

Madrid. 18-22 xaneiro 2017
[AS RAZAS GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA MOI PRESENTES EN FITUR 2017 - uploads/9/news/img_20160120_153947_GS9K5iZ.jpg]

De novo, nunha edición mais de Fitur e xa van 37, as razas Ovella Galega e Galiña de Mos participarán na XXXVII Feira Internacional de Turismo Fitur 2017, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro de 2017. O mércores, 18 de xaneiro ás 16:00h farase a presentación da guía gastronómica "E Para Comer Lugo" e as dúas razas terán presenza na mesma, que se celebrará no stand de Galicia. Ese mesmo día pola noite tamén asistiremos a unha presentación de produtos 100% Raza Autóctona Galiña de Mos e Ovella Galega no "Restaurante Portomarín" que tamén se atopa Madrid.