AS RAZAS CACHENA E GALIÑA DE MOS, ESTIVERON NA “FESTA DO CHAMPIÑÓN” EN ORDES.

28-29 abril 2018. Ordes (A Coruña)
[AS RAZAS CACHENA E GALIÑA DE MOS, ESTIVERON NA “FESTA DO CHAMPIÑÓN” EN ORDES. - uploads/9/news/31444529_785054005016443_1479857602044100608_n.jpg]

As criadoras Mari Luz Gómez Fernández (criadora de raza Cachena e Galiña de Mos) e Cruz Grille(criadora de Galiña de Mos), participaron na exposición que se celebrou en Ordes con motivo da XXIX Festa do Champiñón, que se celebrou o 28 e 29 de abril na mesma localidade da provincia da Coruña. Foi unha feira visitada por 30.000 persoas.