AS RAZAS AUTÓCTONAS VOLTAN POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO A MACEDA

Festa Medieval de Maceda. 13 e 14 de agosto 2016
uploads/9/news/1164-d-cartel-medieval-20161.jpg

Esta fin de semana de agosto as razas autóctonas voltarán á “FESTA MEDIEVAL E GASTRONÓMICA DE EXALTACIÓN DE CARNE DE TENREIRA AUTÓCTONA DA ZONA”, onde haberá unha exposición de gando autóctono e participarán os criadores do concello, Escuadro Sc – Jose Manuel González Lamelas (Escuadro) con exemplares de razas Vianesa, Ovella Galega e Cabalo Pura Raza Galega. Javier Blanco González( Foncuberta) con exemplares da raza Caldelá. Juan Manuel Lage Cid (Foncuberta) con exemplares das razas Caldelá e Cachena, Visitación Cid Fariñas (Foncuberta) con exemplares de Cabra Galega e Miguel Gómez García (Santiso) con Exemplares de Vianesa.

Non o perdades!

Máis información en Concello de Maceda


|
| © Boaga 2017