AS RAZAS AUTÓCTONAS SOLIDARIAS EN ARMARIZ

Armariz (Nogueira de Ramuín). 6 de Agosto 2016
[AS RAZAS AUTÓCTONAS SOLIDARIAS EN ARMARIZ - uploads/9/news/andaina-solidaria-2016.jpg]

O sábado día 6 de agosto, celebrarase a oitaba andaina solidaria en Armariz (Nogueira de Ramuín), para recadar fondos para os enfermos de Alzeimer e a asociación AFAOR (agrupación de familiares de enfermos de alzeimer de Ourense). Nesta andaina participará coma en edicións anteriores o criador das razas Ovella Galega e Galiña de Mos de “Finca a Tellada”, un dos numerosos patrocinadores do evento, que repartirá información sobre as razas autóctonas galegas e sorteará entre os participantes 2 libros de “Cociñando coas razas autóctonas”.

Quen estea interesado en participar no percorrido de 12 Km polo souto de San Ramón, pode inscribirse ata o 4 de agosto. O prezo será de 4 euros e os locais para facelo son os seguintes:

Armariz en el local de la AAVV o directiva
En Luintra en la Oficina de Turismo
En Ourense en la Casita de Lulu
o por teléfono 622756124(Lourdes) 620620783(Margarita)

Unha boa proposta, animádevos!

Máis información en: FINCA A TELLADA e AFAOR