AS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES NUNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO GRELO NAS PONTES.

10-11 FEBREIRO 2018. AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
uploads/9/news/27750533_1131597223636862_5257409045412931105_n.jpg

Os días 10 e 11 de febreiro celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez unha nova edición da Feira do Grelo. Paralelamente realizouse unha mostra de razas autóctonas na que participaron os criadores Michiel Meijer do mesmo concello das Pontes con exemplares da raza Galiña de Mos, e Francisco Manuel Penabad Pita do concello de Ortigueira con exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, xunto coas razas Porco Celta e Can de Palleiro.

Boaga estivo con stand onde se publicitaron e promocionaron as nosas razas autóctonas, e prestóuselle asesoramento ao numeroso público asistente.

 

 


|
| © Boaga 2018