ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015

Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
[ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015 - uploads/9/news/expolugo-2015-modificado.jpg]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os días 3 e 4 de outubro e con motivo das festas de San Froilán, celebrouse en Lugo outra edición da feira Expolugo Mostra Gandeira 2015, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Celebráronse distintas actividades que se poden descargar no seguinte DOCUMENTO GRÁFICO DO EXPOLUGO 2015

Un desfile de gando autóctono polo centro de Lugo coa participación de dous exemplares, macho e femia da raza Galiña de Mos,unha femia de Ovella galega e unha femia de Cachena e mais a súa cría (fotografías no pdf adxunto), chamando a atención dos asistentes do desfile, a expectación foi moi grande.

Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega, na que participaron 10 criadores e un total de 35 animais das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega. (imaxes no documento pdf adxunto)

Celebración do III Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, no que participaron nove criadores e un total de 42 animais.

Os resultados foron os seguintes:

Na categoría de galos:

  • 1º premio, galo propiedade de Roberto Raposo Díaz, de Pedrafita do Cebreiro.
  • 2º premio, galo propiedade de José Luis Freire Castedo, de Pol.
  • 3º premio, galo propiedade de Javier Álvarez Cela, de Becerreá.

Na categoría de galiñas:

  • 1º premio, galiña propiedade de Javier Álvarez Cela, de Becerreá.
  • 2º premio, galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto.
  • 3º premio, galiña propiedade de José Luis Freire Castedo, de Pol

Mercado Alimentario de Razas Autóctonas

Coa participación de 5 criadores das razas Cachena, Vianesa e Galiña de Mos, promocionando os produtos cárnicos e ovos procedente de animais das súas explotacións,onde expuxeron os seus produtos as marcas comerciais “Aves do Concello”, “Chousa do Lea”, “Cachenas de San Breixo” “Ganado de Lemos” e “Ramón Vázquez”

Degustación de carne das razas autóctonas Cachena, Vianesa e Galo de Mos.

O domingo 4 de outubro, houbo degustacións da carne e os ovos das nosas razas autóctonas organizado polos técnicos de Boaga e mais polos criadores que participaron no Mercado Alimentario de Razas Autóctonas . Os pratos degustados foron o Galo de Mos estufado, Croca de tenreira Cachena á prancha, Ragout de tenreira Cachena, xarrete estufado de boi de Vianesa e hamburguesa de boi de Vianesa. O éxito foi rotundo e houbo gran afluencia de público que puideron degustar as distintas exquisiteces da carne das autóctonas. (As imaxes dos pratos e da degustación atópanse no documento pdf adxunto).

DOCUMENTO GRÁFICO DO EXPOLUGO 2015