AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NA XI EDICIÓN DO CONGRESO IBÉRICO SOBRE RECURSOS XENÉTICOS ANIMAIS CELEBRADO EN MURCIA

26-28 setembro 2018. Murcia
uploads/9/news/congreso-serga-murcia.png

Mañá comeza en Murcia, a undécima edición do Congreso Ibérico para los Recursos Genéticos Animales, organizado pola Sociedad Española para los Recursos Genéticos Animales (SERGA) e a Sociedade Portuguesa para os Recursos Genéticos Animais (SPREGA), coa colaboración e organización do Instituto Murciano de Investigación y Desarrollo Agrario y Alimentario (IMIDA). Alí estaremos representando as nosas razas autóctonas galegas, presentando a publicación dos resultados dos diversos estudos feitos coas nosas razas e as súas produccións.

Neste Congreso de carácter bianual que se celebra alternativamente entre España e Portugal, expóñense novas investigación e avances sobre os recursos xenéticos animais, as razas autóctonas españolas, as súas producción, a forma de conservarlas e potencialas así como os usos e alternativas que teñen nestes momentos. Tamén se falará das súas elaboración gastronómicas mostrando diversas elaboracións con produtos de raza autóctona.

Máis información en XI CONGRESO SERGA MURCIA


|
| © Boaga 2018