AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN XANTAR 2019

6-10 de febreiro de 2019. Ourense
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN XANTAR 2019 - uploads/9/news/menus-2019-3.jpg]

Boaga e as asociacións de criadores de razas autóctonas, participaremos un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico- XANTAR, do 6 ao 10 de febreiro. Teremos un stand, onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega. Os criadores “produtores primarios” do logotipo 100% Raza Autóctona, tamén estarán presentes aportando a súa experiencia coas razas autóctonas e mostrando produto 100% raza autóctona.

Este ano, tamén se poderán degustar pratos elaborados con produtos 100% Raza Autóctona, a través do noso restaurante, e no que colabora Antonio Díaz, cociñeiro do Restaurante Andarubel, nas Fragas do Eume e o seu equipo, que serán os encargados de cociñar as excelentes propostas con produtos únicos e de calidade.

O teléfono de reservas para o restaurante é 722618600. O prezo e o menú pódese consultar na imaxe adxunta.

 Outras actividades coas razas autóctonas, son os dous talleres- showcooking organizados pola GANADERIA BALÍN (Propietario Antonio Pérez, criador da asociación LIMIAGA, e operador autorizado para o Logotipo 100% Raza Autóctona Limiá), co seguinte programa:·

Xoves, 7 de febreiro de 13:15-14:15 horas: “Aproveitamento de vaca Limiá de Ganadería Balín”, polo cociñeiro Oliver de restaurante “Chanfainas”.

Venres, 8 de febreiro de 20:00-21:00 horas: “Ternera Limiá de Ganadería Balín, tradicional e saudable”, polos cociñeiro Gabi Conde de “Portovello” e Moisés Rodriguez de “El Taller”.

 

A presentación aos medios de comunicación será o martes, 29 de xaneiro ás 11:00 horas, na sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense.