AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 3 AO 7 DE FEBREIRO DE 2016

RECINTO FEIRAL EXPOURENSE, FINCA SEVILLA S/N 32005-OURENSE
[AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 3 AO 7 DE FEBREIRO DE 2016 - uploads/9/news/xantar.png]

Mañá comeza unha nova edición de Xantar,  a 17ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro de 2016 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n -32005-Ourense).

Estaremos presentes a través dun stand onde se poderá obter información sobre as razas autóctonas galegas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega, e das distintas actividades encamiñadas á promoción e á tipificación das súas producións baixo unha forma de produción sostible e ao mesmo tempo rendible, das múltiples posibilidades culinarias e das distintas estratexias de comercialización deste tipo de produtos únicos e de gran calidade.  

máis información en XANTAR 2016