AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR 2017

Ourense. (1-5 febreiro 2017)
[AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR 2017 - uploads/9/news/njgwec0tms0wlxvwbg9hzhmvos9uzxdzl3hhbnrhci5wbmc.png]

Este mércores comeza unha nova edición de Xantar, a 18ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 1 ao 5 de febreiro de 2017 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n -32005-Ourense).

Estaremos presentes a través dun stand onde se poderá obter información sobre nosas razas autóctonas galegas, e das distintas actividades encamiñadas á promoción e á tipificación das súas producións baixo unha forma de produción sostible e ao mesmo tempo rendible, das múltiples posibilidades culinarias e das distintas estratexias de comercialización deste tipo de produtos únicos e de gran calidade.

Ademais tamén “Ganadería Balín” criador de Raza Limiá e tamén operador do logo 100% raza autóctona Limiá, terá o seu propio stand vendendo produtos da súa propia gandería e mais participará nun showcooking con carne de raza Limiá no que cociñarán os chef Gabi Conde e Moisés Rodríguez.do “Restaurante Portovello” de Ourense, e farase unha maridaxe con viños de Adegas Cunqueiro (D.O. Ribeiro). O showcooking será o mércores día 1 a partir das 12:00h na “Aula Galicia” de catas. Non o perdades!

Máis información en http://www.xantar.org/

http://www.xantar.org/lat2new.php