ABRINDO NOVOS MERCADOS

[ABRINDO NOVOS MERCADOS - uploads/9/news/el-progreso-24-xuno-14.jpg]

GANADO DE LEMOS COLOCARÁ A SÚA CARNE VIANESA NO XAPÓN E ALEMAÑA.

Esta noticia publicada por El PROGRESO de 24 de xuño, non nos pilla por sorpresa. Nesta explotación levan dende case os seus inicios tentando participar nas mostras gandeiras máis relevantes, dando a coñecer a Raza Vianesa e buscando novos compradores para a súa produción.

O seu esforzo por dignificar un produto que tratan con mimo e que cada día pretenden perfeccionar está a dar os seus froitos, conseguindo chegar cada vez a un público máis selecto, e de máis lonxe.

Parabéns.