A OVELLA GALEGA E A GALIÑA DE MOS, PARTICIPARÁN NUNHA NOVA EDICIÓN DE MAGRECO 2016. EN BOIMORTO.

BOIMORTO 19 E 20 DE MARZO DE 2016
uploads/9/news/12734235_194347370923834_4573997193225446132_n.jpg

A Feira da maquinaria e gandería MAGRECO, que se celebra en Boimorto este fin de semana, contará coa Galiña de Mos e a Ovella Galega. Estarán AVIMÓS- Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos e ASOVEGA- Asociación de Criadores da raza Ovella Galega, con sendos postos onde se repartirá información sobre a raza Mos e a raza Ovella Galega. Tamén asistirán os criadores da raza Mos en representación a explotacións do concello de Vila de Cruces (Granxa Castelo de Alcobre,Granxa Castro de Madrosende, Alejandro Fiuza Mosquera e José Ramón Cillero Ferro) que participarán con exemplares da raza. Esperámosvos.


|
| © Boaga 2018