“A GALIÑA DE MOS TEN UN FUTURO ENORME: É UN PRODUTO DIFERENCIADO QUE SE DEMANDA MÁIS”

ENTREVISTA EN “CAMPO GALEGO”. 16-02-2016
[“A GALIÑA DE MOS TEN UN FUTURO ENORME: É UN PRODUTO DIFERENCIADO QUE SE DEMANDA MÁIS” - uploads/9/news/diego-rois-entrevista-campo-galego.jpg]

A revista Campo Galego ven de publicar unha entrevista a Diego Rois Losada, veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA e Director técnico de AVIMÓS, quen presentou recentemente a súa tese de doutoramento  na Facultade de Vererinaria do campus de Lugo baixo o título ‘Caracterización da raza Galiña de Mos’e que mereceu a cualificación de sobresaliente cum laude.

Na entrevista, destaca que o potencial da raza Mos é enorme. A raza Mos é ideal para un tipo de produción mixto carne-ovos, en sistemas de crianza artesanal e ao aire libre, ofrecendo produtos de maior calidade nutritiva e organoléptica fronte ás estirpes industriais, aínda que de menores crecementos. É un cambio de cantidade por calidade. Coa raza autóctona recupéranse os sabores de antes, a importancia do xenotipo, da raza. O sabor de raza.

Para ler toda a entrevista pódese descargar pinchando no seguinte enlace: DIEGO ROIS- ENTREVISTA CAMPO GALEGO