A GALIÑA DE MOS ESTIVO NA FESTA DA TENREIRA GALEGA

POBRA DE SAN XIAO (LÁNCARA-LUGO) 1 de maio 2016
[A GALIÑA DE MOS ESTIVO NA FESTA DA TENREIRA GALEGA  - uploads/9/news/13094285_762612493875414_5024089569199699518_n.jpg]

O pasado 1 de maio celebrouse a Festa da Tenreira Galega na Póboa de San Xiao, no concello de Láncara, provincia de Lugo. Con motivo da exposición de gando que se celebrou a criadora do mesmo concello, Sandra López presentou un posto con exemplares da nosa raza. Foron moitas as persoas que visitaron a feira e se interesaron pola Galiña de Mos.