A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁN NA “VUELTA CICLISTA A ESPAÑA”

13 agosto 2018. Lugo
[A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁN NA “VUELTA CICLISTA A ESPAÑA” - uploads/9/news/20180813_132603.jpg]

Un ano máis as asociacións Avimós e Asovega colaboran coa Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo na promoción dos produtos de calidade galegos, durante a "Vuelta Ciclista a España". O luns 13 de agosto asistimos á presentación na oficina de turismo de Lugo. Alí víuse como os produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega estarán presentes nas etapas de toda España.

La Voz de Galicia.

máis imaxes en Galiña de Mos e Ovella Galega na Vuelta ciclista a España