A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁN EN FITUR 2019

23-25 xaneiro 2019. Madrid
[A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁN EN FITUR 2019 - uploads/9/news/26961677_1132361346900525_5563494159023108979_o.jpg]

Comeza a Feira Internacional de Turismo (FITUR), e estaremos presentes un ano máis, representando dúas das nosas razas, a Galiña de Mos e a Ovella Galega. Asistiremos á presentación da Guía da Hostalería Lucense "E para comer Lugo" onde se falará dos produtos das nosas razas. Tamén asistiremos á presentación da feira turístico-gastronómica "Xantar 2019". Pola noite, ofrecerase  unha cea no restaurante "Pazo de Lugo" en Madrid, no que se promocionarán os produtos derivados das razas Ovella Galega e Galiña de Mos.