A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA ESTARÁN EN BOIMORTO

BOIMORTO (A CORUÑA). 25-26 MARZO 2017.
[A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA ESTARÁN EN BOIMORTO - uploads/9/news/cartel_2017_-_web.jpg]

Con motivo da celebración da feira Magreco 2017 en Boimorto, provincia da Coruña, que se celebra este fin de semana. 

A Ovella Galega estará representada cun stand de Asovega, e a Galiña de Mos estará representada polo stand de Avimós e tamén coa presenza de dous postos máis de criadores. Nun estará a granxa Castelo de Alcobre, que presentará exemplares da súa granxa e tamén dos criadores Alex Fiuza, José Ramón Cillero e Castro de Madrosende. Farán unha degustación de tortillas de pataca con ovos de Galiña de Mos.

Tamén asistirá o criador David Sueiro, da granxa Galo Celta, que impartirá unha charla o sábado ás 12 sobre a súa experiencia coa avicultura alternativa.